A poucos metros de Urzáiz e Gran Vía, a actuación desenvólvese en dúas edificacións ao redor dunha nova praza pública na confluencia das rúas Hernán Cortés e María Berdiales.
Os programas de vivenda inclúen tipoloxías de 1 a 4 dormitorios, desde 60 m2 ata 290 m2 de superficie.
HERNÁN CORTÉS está situado na zona máis céntrica de Vigo, a poucos metros de Urzáiz e Gran Vía. O ámbito confórmase ao redor dunha nova praza pública na confluencia das rúas Hernán Cortés e María Berdiales. Un novo espazo urbano de calidade no corazón da cidade.
Google MapsA proposta arquitectónica busca reforzar os planos horizontais mediante forxados e voos en formigón visto e alcanzar a maior diversidade volumétrica que permite a ordenación mediante volumes graduados que achegan riqueza e permiten utilizar as cubertas como espazos exteriores das vivendas, aproveitando a privilexiada localización do conxunto.
A composición realízase con catro elementos fundamentais: o Marmol que achega solidez e atemporalidade, a Madeira (Thermopine) que xera lixeireza e movemento entre as plantas a través dos seus planos e celosías de contras practicables, Formigón visto nunha serie de voos que pretenden reforzar a horizontalidade das construcións e a Vexetación como elemento natural unificador da praza pública e os espazos exteriores de terrazas e cubertas.
Un proxecto de EAU Arquitectura
O deseño da envolvente permitirá un elevado confort interior e un baixo consumo de enerxía nas vivendas; que incorporarán un sistema centralizado de produción de auga quente e calefacción mediante xeotermia e co apoio de unidades aerotérmicas.
Outros aspectos tidos en conta son un maior aproveitamento da luz natural tanto nas vivendas como nas zonas comúns, a instalación de elementos de protección solar na fachada, sistemas de cerramento e vidro de moi baixa transmisión térmica e materiais de construción que na súa produción respecten o medio ambiente.
As vivendas proxectadas dispoñerán de Cualificación Enerxética A e Certificación “VERDE” de GBCE (Green Building Council España)
Dende aquí poderás obter información completa das vivendas dispoñibles: planos, prezos, memoria de calidades, etc.
Viviendas disponiblesMOBALCO é unha firma de cociñas de recoñecido prestixio internacional que se caracteriza por un produto de alto deseño, respecto ao medio ambiente, materiais nobres e tecnoloxía artesanal.
ARIAL e MOBALCO uníronse neste proxecto para ofrecer aos interesados unhas condicións excepcionais para a adquisición de cociñas da firma.
Dispoñemos dun Showroom do Proxecto en Hernán Cortés 7 (Vigo), no que se poden comprobar as calidades e acabados das vivendas.
Se desexas visitalo, debes solicitar Cita Previa facendo clic aquí.
A atención a clientes e interesados realizarase necesariamente con cita previa.
Elixe a forma máis convinte para te mostrar o proxecto. Estamos desexándoo
Se queres falar connosco dende a comodidade da túa casa concertemos unha videoconferencia
Pedir cita