Galeras Entrerríos Cooperativa

Conxunto residencial de 81 vivendas nunha posición privilexiada ao bordo do centro histórico. Trátase dun volume de dimensións impactantes, matizado por un elemento exterior en brise soleil que achega un maior peso ao conxunto, poñéndoo en relación coas solucións “murarias” habituais na trama na que se atopa o edificio. A celosía componse de elementos horizontais de formigón armado visto e pantallas verticais acabadas con pezas macizas de granito silvestre abuxardado e morteiro de cal graxo en últimas plantas e baixo cuberta.

81 vivendas nunha posición privilexiada ao bordo do centro histórico