Cornes espacio resindencial

125 vivendas e
espazos verdes

Certificación
Enerxética -A-

Cornes espazo residencial

CORNES | espazo residencial é un conxunto formado por 125 vivendas distribuídas en tres edificios e sete alturas, ademais das plantas de soto destinadas a aparcadoiro. A actuación complétase mediante a execución de 3.000 m2 de espazos verdes de relación entre os edificios proxectados.

As unidades de vivenda inclúen tipoloxías de 1 a 4 dormitorios, con distribucións que atenden tanto a criterios técnicos como funcionais, buscando unha coherencia entre o tamaño, a distribución e o uso de cada espazo. O destino dos edificios será integramente residencial, non existirán locais comerciais en planta baixa.

Superficie ámbito:6.000m2.
Superficie construída:27.000m2
Superficie axardinada:3.000m2.
Nº de vivendas:125 en 3 edificios.
Prazas de aparcadoiro:220
Volume económico:30M €.
Tipoloxía de vivenda:1, 2, 3 e 4 dormitorios
Referencias próximas:Praza Roxa (500m.)
Referencias próximas:Estación intermod. (500m.)

Localización


En pleno centro urbano de Santiago de Compostela, no ámbito de Cornes - Romero Donallo e a tan só 500 metros da Praza Roxa ou da futura estación intermodal.

O desenvolvemento de ARIAL en Cornes, a urbanización da Avda. de Romero Donallo, a nova estación intermodal e a recuperación do río Sar ao seu paso pola zona conformarán o novo espazo urbano máis importante do ensanche de Santiago, con edificios, dotacións e espazos verdes de alta calidade.

Arquitectura


A parcela é unha extensa plataforma de orientación privilexiada na que as zonas verdes se conciben a distintos niveis, o que permite unha adecuada comunicación e relación veciñal, dotando ás plantas baixas dunha gran riqueza espacial. Desde este cimento xorden os volumes que albergan as vivendas, orientadas á luz e á paisaxe próxima, matizados por unha malla de formigón coloreado en tons terracota que os distingue entre o tecido preexistente e os protexe do soleamiento directo. Este cerramento combina elementos rotundos e regulares co movemento gradual en conxuntos de dúas plantas, suavizando a súa rotunda xeometría. Todas as vivendas contan con espazos exteriores vinculados a salóns e cociñas, posibilitando unha maior relación visual co ensanche e os parques circundantes. O conxunto destaca pola súa forza expresiva e pola súa localización privilexiada, converténdose en referente da nova fachada sur da cidade.

O conxunto destaca pola súa forza expresiva e pola súa localización privilexiada.

Este cerramento combina elementos rotundos e regulares co movemento gradual en conxuntos de dúas plantas.

Eficiencia enerxética


O proxecto dispón da máxima clase de Eficiencia Enerxética. Este conxunto residencial utiliza enerxía limpa mediante a instalación de paneis solares térmicos na cuberta para a achega de auga quente sanitaria. Así mesmo, a eficiencia resulta favorecida coa instalación de calefacción por chan radiante a baixa temperatura, proporcionando unha calor uniforme e confortable en toda a superficie da vivenda.

Outros aspectos tidos en conta son un maior aproveitamento da luz natural tanto nas vivendas como nas zonas comúns, a colocación de elementos de protección solar na fachada para as épocas de maior exposición, a instalación de sistemas de cerramento e vidro de baixa transmisión térmica e materiais de construción que na súa produción respecten o medio ambiente.

O proxecto dispón da máxima clase de Eficiencia Enerxética.

Maior aproveitamento da luz natural tanto nas vivendas como nas zonas comúns

Vivendas


Desde aquí poderás acceder ás vivendas dispoñibles e a memoria de calidades.

Espazos verdes


O ámbito dispón de 3.000 m2 de espazos verdes de relación entre os edificios. Para o seu deseño obtívose inspiración no High Line de Nova York (http://www.dsrny.com/projects/high-line-two), combinando diferentes niveis, pasarelas, carreiros, espazos con vexetación, e mobiliario de descanso.

O deseño realízase con criterios de baixo custo de mantemento, e incorporará rega automática e por goteo e iluminación exterior led para conseguir a maior eficiencia enerxética e minimizar os custos comunitarios.

Para o seu deseño obtívose inspiración no High Line de Nova York.

Cociñas


MOBALCO é unha firma de cociñas de recoñecido prestixio internacional que se caracteriza por un produto de alto deseño, respecto ao medio ambiente, materiais nobres e tecnoloxía artesanal.

ARIAL e MOBALCO uníronse neste proxecto para ofrecer aos interesados unhas condicións excepcionais para a adquisición de cociñas da firma.

Showroom


Espazo para a exposición dos proxectos no que se poden comprobar as calidades e acabados similares aos que dispoñerán os futuros edificios de Cornes. Se desexas visitar o showroom só debes solicitar cita previa.

Showroom Arial.
Avda. da Liberdade 2 Baixo
Santiago de Compostela.

Solicitar cita previa en:
981 569 906
comercial@grupoarial.es

Ver en google maps >>>

Contacto


Chámanos, envíanos un email ou visítanos!

Cornes

Espazo
Residencial

M5 Cornes Residencial, S.L., con domicilio en Rúa de Santa Marta de Arriba no 53-55 Baixo, Inscrita no Rexistro Mercantil de Santiago de Compostela, ó tomo 300, folio 140, inscrición 1a, folla SC-48796.