ALTO RESIDENCIAL COOP.

34 Vivendas

Calificación
Enerxética - A -
(Emisións CO2)

Alto residencial coop.


ALTO RESIDENCIAL COOP. é un edificio situado na parte máis elevada de Santa Marta (Santiago de Compostela), formado por 34 vivendas en 5 alturas e un local gastronómico e social, ademais das plantas de soto destinadas a aparcadoiro.

As unidades de vivenda inclúen diferentes tipoloxías de 1 a 4 dormitorios, 14 das cales se desenvolven en dobre planta. O programa das diferentes tipoloxías caracterízase pola riqueza espacial derivada do coidado co que se estudaron as relacións entre as distintas estancias que as conforman.

O destino do edificio é exclusivamente residencial, non existindo locais comerciais de ningún tipo.

34 vivendas 5 alturas Santa Marta (Santiago de Compostela) Local gastronómico e social

Localización e Espazos Verdes


O novo ensanche sur de Santa Marta converteuse na mellor área residencial e dotacional de Compostela. O edificio sitúase na parte máis elevada do ámbito de Santa Marta e a tan só 10 minutos camiñando desde a Praza Roxa, o Campus Universitario e o Hospital Clínico.

O edificio sitúase xunto ao parque Luís Pasín, un espazo de 50.000 m2 de unha gran diversidade de especies arbóreas e arbustivas que contribúen á calidade ambiental.

Google Maps
>>>

50.000 m2 de espazos verdes

Espazos Comunitarios


O edificio incorpora un local gastronómico e social para celebracións e eventos, actividades comunitarias, cursos, etc., totalmente equipado, incluíndo un espazo de cociña da firma Mobalco.

O deseño dos espazos comunitarios realízase con criterios de baixo custo de mantemento e consumo, iluminación led e instalacións de detección para ventilación e calefacción ao obxecto de conseguir a maior eficiencia enerxética e minimizar os custos comunitarios.

Local gastronómico e social Espazo de cociña Mobalco

Arquitectura


A edificación confórmase como un volume rotundo de fachadas continuas rematado por unha cuberta inclinada e un singular cumio que reforzan a imaxe tipológica do conxunto e que se materializa en concordancia ao revestimento metálico dos ocos de fachada.

Os accesos ás vivendas organízanse a través dun corredor a dobre altura que serve de gran vestíbulo común dos cinco núcleos interiores de comunicación. A relación entre o interior e o exterior das vivendas realízase a través dun sistema de contras practicables micro-perforadas de modo que, adicionalmente á función tradicional de iluminación e ventilación, engádeselles unha función de filtro que, permitindo a entrada de luz e de aire, limita a visión desde o exterior aumentando a privacidade das vivendas.

Volume rotundo de fachadas continuas Sistema de contras practicables micro-perforadas
ALTO RESIDENCIAL COOP. - Arquitectura

Eficiencia enerxética


O edificio proxectado alcanzará a Cualificación Enerxética A en Emisións de Dióxido de Carbono. O deseño da súa fachada permite un elevado confort interior e un baixo consumo de enerxía nas vivendas, que incorporan un sistema centralizado de produción auga quente e calefacción mediante Aerotermia.

A eficiencia enerxética resulta favorecida coa instalación de calefacción por chan radiante a baixa temperatura, proporcionando unha calor uniforme e confortable en toda a superficie da vivenda, maior aproveitamento da luz natural -tanto nas vivendas como nas zonas comúns-, a colocación de elementos de protección solar na fachada para as épocas de maior exposición, a instalación de sistemas de cerramento e vidro de baixa transmisión térmica e materiais de construción que na súa produción respecten o medio ambiente.

Cualificación Enerxética A Auga quente e calefacción mediante Aerotermia Calefacción por chan radiante Sistemas de cerramento e vidro de baixa transmisión térmica

Vivendas


86%

29 / 34 VENDIDO

ALTO RESIDENCIAL COOP. - Viviendas

Cociñas


MOBALCO é unha firma de cociñas de recoñecido prestixio internacional que se caracteriza por un produto de alto deseño, respecto ao medio ambiente, materiais nobres e tecnoloxía artesanal.

ARIAL e MOBALCO uníronse neste proxecto para ofrecer aos interesados unhas condicións excepcionais para a adquisición de cociñas da firma.

Showroom


Espazo para a exposición dos proxectos no que se poden comprobar as calidades e acabados dos nosos proxectos. Se desexas visitar o showroom debes solicitar cita previa.

Showroom Arial
Avda. da Liberdade 2 Baixo
Santiago de Compostela.

Contacto


Chámanos, envíanos un email ou visítanos!

Alto
Residencial

Coop.

Promove ALTO RESIDENCIAL, S. COOP. GALEGA, con domicilio social en Avda. da Santa Marta de Arriba 55 Baixo, Santiago de Compostela, inscrita no Rexistro de Cooperativas de Galicia.

ARIAL PROJECT MANAGEMENT S.L.U. con sede en Avenida da Liberdade 2 Baixo, Santiago de Compostela, e C.I.F. B70304084, actuando como entidade xestora da Cooperativa.