Procedemento para a adhesión e elección de vivenda


Se desexas seleccionar unha vivenda e adherirte á Cooperativa deberás debes completar dous sinxelos pasos:

1) Realizar o seguinte depósito na conta corrente da cooperativa:

Entidade: DEUTSCHE BANK
Conta: ES66 0019 0443 1740 1003 3145
Titular de C/ C: Alto Residencial, S. Coop. Galega
Importe: 5.000 euros.
Concepto: NOME-APELIDO-DNI (Ex. “JUAN GOMEZ 33274695K”)

2) Asinar a Solicitude de adhesión como Socio da Cooperativa.

A solicitude será remitida ao Consello Reitor da Cooperativa para a súa aprobación e admisión, no seu caso. A cantidade total depositada de 5.000 Euros adquirirá a natureza de Achega Obrigatoria ao Capital Social segundo o previsto nos Estatutos Rexistrados da Cooperativa.

Aportacións ao capital social da cooperativa


Para cada vivenda dispoñible poderás descargar a ficha económica que contén o custo estimado da vivenda, praza/s de garaxe y trasteiro e o plan provisional de aportacións obrigatorias ao capital social.

Financiación a Cooperativas das Achegas ao capital social


ABANCA e BBVA remitiron á Cooperativa senllas ofertas para o financiamento aos Cooperativistas das súas achegas ao capital social.

O financiamento, suxeito a estudo e aprobación por parte da entidade, permite aos Cooperativistas financiar ata o 60% das achegas previstas.

Oferta BBVA
3,90% Tipo Fixo (4,04% TAE)
Importe: ata 60% das achegas
Prazo: ata 8 anos
C. apertura: 0,25%
C. cancelación: exenta

Solicita o teu estudo personalizado na oficina BBVA Santiago Senra 3-5 ou contacta con María Pena Aneiros: maria.pena@bbva.com - 629 039 158

Oferta ABANCA
Tipo Fixo:
4,00% Tipo fixo (TIN)
Importe: ata 50.000 euros
Prazo: 42 meses
Apertura: 0,50%
Dispoñibilidade: 0,40% trimestral

Tipo Variable:
Euribor 12 meses + 4,50%. (12 primeiros meses 4,50%)
Importe: ata 50.000 euros
Prazo: ata 8 anos
Apertura: 0,50%

Solicita o teu estudo personalizado na oficina ABANCA Praza Roxa 5, ou contacta con Rubén Arnoso Rey: rarnoso@abanca.com - 648 225 162.