Adquirir unha vivenda


Se desexas adquirir unha vivenda só debes completar tres sinxelos pasos:

1. Deberás obter un posto de elección de vivenda mediante a realización dun depósito de 1.000 euros. O teu posto de elección virá determinado pola orde dos ingresos na conta corrente consignada. Este depósito é reembolsable en calquera momento, mesmo se decides non seleccionar vivenda.

2. Se, unha vez avaliadas as vivendas, prezos e condicións, desexas acudir ao proceso de elección efectiva dunha vivenda, deberás realizar un segundo depósito de 4.000 euros. Este depósito é reembolsable en calquera momento, mesmo se decides non seleccionar vivenda.

3. Unha vez seleccionada a vivenda, a firma do contrato de compravenda producirase unha vez que finalizase o proceso de elección da totalidade das vivendas da promoción e se obteña pola Promotora a Licenza Municipal de Obras.

Pagos


Ata a entrega da vivenda ante Notario, unha vez finalizado o edificio e obtida a licenza municipal de Primeira Ocupación, non terás que realizar ningún desembolso ou pago a conta á Promotora. Á firma do contrato de compravenda entregaráseche un cheque por importe de 5.000 euros en concepto de reembolso dos depósitos que realizaras para o posto de elección e elección de vivenda.

Para garantir o cumprimento das obrigacións contractuais e o pago da vivenda deberás achegar un Aval pola cantidade especificada na ficha económica da vivenda. Se non desexas solicitar un Aval, existe a alternativa de constituír unha Prenda sobre un depósito bancario ao teu nome. O depósito permanecerá baixo a túa titularidade en todo momento, simplemente a Promotora terá dereito a reclamalo en caso de incumprimento por parte do comprador á hora pagar o prezo da vivenda na data de entrega ante Notario.

Os modelos de Aval e Prenda atópanse xunto ao Contrato de Compravenda.